Dous coches sofren un aparatoso accidente na Terceira Rolda da Coruña
Publicado o 21/11/2019 15:04
A Terceira Rolda podería rematar o ano entre as vías coruñesas de maior sinistralidade. A primeira hora desta mañá rexistrouse un aparatoso accidente.
Houbo dous vehículos implicados no sinistro. Un envorcou e deu varias voltas de campá sobre a estrada. Sucedeu no quilómetro sete da AC-14, en dirección á Coruña. Ao lugar desprazáronse os servizos de emerxencia. Cando chegaron puideron comprobar que o condutor que estaba dentro do vehículo conseguira saír polo seu propio pé. A investigación sobre as causas do accidente está aberta.