CRTVG

Buscar

Dous ciclistas, feridos ao bater contra eles un coche que saltou un stop

Publicado o 22/12/2020 21:13

Varios ciclistas foron atropelados esta tarde cando circulaban pola nacional 120 en Ourense, á altura da localidade de Quintela.

O vehículo, conducido por un home 20 anos, fixo un xiro sen respectar un stop e bateu cun deles, provocando ademais a caída do que ía detrás. Teñen 45 e 62 anos e foron trasladados o Complexo Hospitalario de Ourense.

Unha primeira estimación apunta a que o seu estado non reviste gravidade. Foi unha axente da Policía Nacional, que casualmente se atopou co sinistro na estrada, a primeira en intervir prestando axuda aos ciclistas.

Noticias web

22/12/2020