CRTVG

Buscar

Dous camións de bombeiros ao rescate dun coello en Baiona

Publicado o 03/01/2020 10:39

Alertados por un veciño, os bombeiros do Val Miñor acudiron a sufocar o lume que se rexistrou nunha vivenda de Baiona ao arder un deshumidificador nunha das habitacións. Mentres procedían a apagar o lume  chegaron os bombeiros do Baixo Miño, a punto para rescatar a mascota da familia, a única que estaba na casa no momento do incendio. Era un coello, algo intoxicado polo fume, que xa está ben, segundo o bombeiro que o rescatou.

 

Noticias web

03/01/2020