CRTVG

Buscar

Dous avogados despedidos denuncian irregularidades financeiras nas primarias e nas consultas á militancia.

Publicado o 05/12/2019 15:02

A responsable de cumprimeiro normativo de Podemos denuncia represalias contra ela e contra o delegado de protección de datos e avogado da formaciónpola investigación interna de graves irregularidades que estaban desenvolevendo no Partido de Pablo Iglesias.

O avogado José Manuel Calvente engade algo máis en declaracións a El Mundo. Di que se trata dunha operación contra el é para tapar a corrupción de Podemos. "Despedíronme para tapar os seus sobresoldos en negro". Tamén denuncia despedimentos sen cumprir a lei.

Os líderes de Podemos evitaron hoxe dar explicacións.

Desde o Partido Popular, críticas ao partido de Pablo Iglesias.

Podemos despediu o luns ao avogado por acoso sexual. José Manuel Calvente di que a acusación é falsa. O partido tamén propuxo o cesamento de Mónica Carmona como responsable de cumprimento normativo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019