Doce mortos nas estradas durante a fin de semana, un deles en Galicia
Publicado o 06/07/2020 09:24

Duro balance da primeira operación saída do verán. Doce persoas faleceron nas estradas esta fin de semana, unha en Galicia. A vítima é un mozo de tan só 21 anos, de Friol. Ía cun amigo, que resultou ferido leve, cara á zona de copas de Melide. Perdeu o control do volante nunha recta e percorreu varios metros por unha leira ata golpear cun coche que estaba aparcado. Hai uns anos, nese mesmo lugar faleceron catro mozos, tamén de Friol, noutro accidente terrible.
Máis sobre actualidade
01/03/2021 16:53
01/03/2021 16:49