CRTVG

Buscar

Doce mergulladores limpan o lixo do fondo da ría en Portonovo

Publicado o 27/09/2020 14:47

Cóntannos os mergulladores voluntarios que este colector leva no fondo do mar uns nove meses. Saben que o tirou un grupo de adolescentes un sábado á noite.

Ese fondo é o que peitean hoxe un grupo de doce mergulladores voluntarios nesta xornada de limpeza do mar galego na contorna dos portos deportivos.

Estamos en Portonovo. Aos doce mergulladores súmanselles sete persoas en terra que axudan a cargar o lixo nestes carros. Despois clasificarase en tres grupos: plástico, metal e o resto de obxectos. Será Portos de Galicia quen se encargue da reciclaxe.

O proxecto tutélao a asociación Mesa pola ría de Pontevedra e terá continuidade en outubro nos portos de Aguete, Combarro e Beluso.

Noticias web

27/09/2020