CRTVG

Buscar

Doce espectáculos teatrais compiten por facérense finalistas para os Premios María Casares

Publicado o 21/02/2019 21:47

Doce espectáculos teatrais compiten por facérense finalistas para os Premios María Casares, que se celebran xusto dentro dun mes, o 21 de marzo.

Commedia, de Contraproducións ten 12 candidaturas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, que conta con 7, e con cinco queda A Leituga de Emedous. Son as máis destacadas nesta antesala dos premios de teatro que acollerá, precisamente, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña dentro de catro semanas. Uns galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.





 

Noticias web

21/02/2019