CRTVG

Buscar

Doce detidos nunha operación contra o tráfico de droga na provincia da Coruña

Publicado o 26/06/2020 15:33

A Garda Civil e a Policía Nacional desartellaron, nunha operación conxunta, unha rede dedicada ao tráfico de drogas. Foron detidas unha ducia de persoas, todas residentes na provincia da Coruña, que foron postas a disposición dos xulgados de Carballo e de Betanzos.

Presuntamente, os detidos dedicábanse a introducir diferentes partidas de droga, principalmente haxix, en Galicia e mais en Asturias.

Ademais de practicaren as detencións, os axentes desmantelaron unha plantación de marihuana en Montesalgueiro e comisaron máis de 16 quilos de cánnabis, 8 quilos de haxix, 14.000 euros en efectivo e nove coches, algúns de alta gama.

Noticias web

26/06/2020