CRTVG

Buscar

Djukic non se fía do Lugo e pensa en xogar o play off de ascenso

Publicado o 28/06/2020 11:33

O adestrador do Spórting, Miroslav Djukic, considera que o Lugo é un equipo moi ofensivo, "que incorpora moitos xogadores en ataque e vai ser un rival moi perigoso". Con respecto ao obxectivo do equipo nos partidos que faltan para o final teno claro: "Depende de nós, imos pelexar por entrar no play off de ascenso". O cadro sportinguista ten 46 puntos, a cinco do Elxe, que ocupa a sexta posición, e cun partido menos.

Noticias web

28/06/2020