CRTVG

Buscar

Disturbios tras a protesta de sanitarios franceses

Publicado o 17/06/2020 09:06

Unha manifestación de traballadores sanitarios franceses que reclamaban en París máis medios para o sistema público de saúde acabou en disturbios.
A mobilización xuntara miles de persoas ante o Ministerio de Sanidade con pancartas con lendas como "Hospital asfixiado" ou "Non podo respirar" para denunciar a falta de investimento na sanidade pública e tamén en solidariedade coas marchas contra o racismo.
Os disturbios desencadeáronse cando boa parte dos manifestantes se dispersaran. Grupos extremistas lanzaron diversos obxectos contra a policía, romperon mobiliario urbano e ocasionaron outros estragos. A policía informou de que detivo 16 persoas.

Noticias web

17/06/2020