CRTVG

Buscar

Dispárase a venda de lotaría de Nadal en Ares, con motivo do Blue Star

Publicado o 13/12/2019 13:57

O encallamento do quimiqueiro Blue Star na costa de Ares tivo unha consecuencia inesperada. Na administración número 1 desta localidade coruñesa disparáronse as vendas de décimos de lotería de Nadal.

Aumentaron as vendas en portelo, pero tamén en liña e a través do teléfono. Nas últimas semanas recibiron chamadas de cidades de todo o país. Porque moitos cren que tras unha traxedia ou accidente, sempre chega a fortuna.

Aínda que tamén que hai quen pensa que o Blue Star non traerá sorte a Ares.

Sexa con axuda do buque ou non, na administración, que leva dúas décadas en funcionamento, confían en que o vindeiro 22 de decembro poidan repartir algún bo premio.

Noticias web

13/12/2019