CRTVG

Buscar

Disólvese a executiva local do PSOE en Ourense tras dimitiren dez integrantes

Publicado o 28/11/2019 21:06

Nova crise no PSOE de Ourense co cesamento da executiva local do partido, ao dimitiren dez integrantes. Esta tarde estaba convocada unha reunión que non chegou a celebrarse, ao confirmarse a renuncia destes dez membros que, sumados aos catro afíns a Pachi Vázquez que abandonaran hai meses, suman a metade mais un, o que provoca, segundo os estatutos do partido, a suspensión automática da executiva local, e o inicio do procedemento para designar unha xestora.

Os dimisionarios alegan a necesidade dunha "rexeneración" e agradecen a dedicación do secretario saínte, José Ramón Fernández Morgade. Este, pola súa banda, cuestiona o cálculo para disolver a executiva e adianta que pedirá aclaracións na provincial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019