CRTVG

Buscar

Discursos gravados e eventos virtuais son os protagonistas da Convención Demócrata

Publicado o 18/08/2020 10:47

Discursos gravados e eventos virtuais son os protagonistas da Convención Demócrata máis atípica da historia, condicionada polo coronavirus.

A primeira xornada comezou cunha intervención en vídeo do candidato presidencial Joe Biden para falar cos votantes. Durante dúas horas transmítense na páxina oficial do partido os discursos que teñen como obxectivo lanzar unha mensaxe de unión para botar a Trump da Casa Branca.

Entre os convidados, os irmáns de George Floiyd, o afroamericano asasinado por un grupo de policías, que apelaron a seguir loitando pola xustiza. E os pratos fortes da noite: o discurso do contendente de Biden nas primarias, Bernie Sanders, que busca atraer o voto progresista, e a intervención de Michelle Obama para pechar a xornada inaugural. A exprimeira dama asegurou que Trump non é o presidente que necesitan os Estados Unidos.

Noticias web

18/08/2020