CRTVG

Buscar

Dimite o ministro francés de Ecoloxía pola polémica sobre o uso que facía dos cartos públicos

Publicado o 17/07/2019 08:32

O ministro francés de Ecoloxía, François de Rugy, dimite ao ampliarse o escándalo sobre o uso que facía dos cartos públicos.

A renuncia de De Rugy, número dous do executivo francés, despois do primeiro ministro Eduard Philippe, prodúcese antes de que a web Mediapart publique unha información que revela que o xa ex-ministro usou os gastos de representación que cobraba como deputado para pagar a cotización do seu partido.

De Rugy será substituído pola ministra de Transportes, Elisabeth Borne.

Noticias web

17/07/2019