CRTVG

Buscar

Dimite o 'conseller' de Acción Exterior da Generalitat tras un caso de acoso sexual

Publicado o 09/03/2020 19:44
Dimite o 'conseller' de Acción Exterior da Generalitat tras un caso de acoso sexual

Alfred Bosch, conseller de Acción Exterior da Generalitat, dimite do seu cargo logo dos presuntos casos de acoso sexual do que fora o seu xefe de gabinete Carles Garcias.Anunciouno en conferencia de prensa e acompañado da secretaria xeral e portavoz de ERC, Marta Vilalta.

Boch comunicou que "a situación creada nas últimas horas se lle fixera insostible e que facía máis servizo marchando que quedando".

O investigado xa fora cesado en xaneiro e agora, tanto ERC como o Govern, avalan a decisión do conselleiro aínda que recoñecen que se podía facer mellor, en clara alusión a activar os protocolos dos que dispón a Generalitat ante este tipo de situacións.