CRTVG

Buscar

Segundo o xornal 'The Times', Theresa May anunciará mañá a súa renuncia

Publicado o 23/05/2019 08:22

A líder conservadora na Cámara dos Comúns, Andrea Leadsom, dimite, en desacordo con May polo 'brexit' 

A líder conservadora no Parlamento británico e firme defensora do 'brexit' Andrea Leadsom dimitiu, en desacordo co xeito no que a primeira ministra, Theresa May, está xestionando o proceso de saída do país da Unión Europea.

Leadsom argumenta que o plan presentado pola primeira ministra non cumpre co resultado do referendo de 2016 e aumenta a presión sobre May para que deixe tamén o seu cargo.

Leadsom foi unha das rivais de Theresa May nas primarias do Partido Conservador británico celebradas hai tres anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019