CRTVG

Buscar

Dimite a alcaldesa de Molina de Segura tras vacinarse contra a covid-19

Publicado o 25/01/2021 14:25
Dimite a alcaldesa de Molina de Segura tras vacinarse contra a covid-19

Seguen a coñecerse casos de persoas que se vacinaron sen que lles tocase. Os sindicatos médicos din que en Galicia se vacinaron 200 profesionais sanitarios que non traballan, segundo eles, en primeira liña.

En Molina de Segura, a alcaldesa socialista, Esther Clavero, finalmente presentou a súa renuncia ao cargo, canda outros dous concelleiros. Fíxoo tras ser suspendida de militancia, e despois de perder o apoio da súa corporación.

Clavero alega que non cometeu ningún delito e di que está a vivir un linchamento.

Noticias web

25/01/2021