CRTVG

Buscar

Cinco novas mortes sitúan a cifra total de falecidos por covid−19 en 1.485 en Galicia

Publicado o 14/01/2021 20:49
Cinco novas mortes sitúan a cifra total de falecidos por covid−19 en 1.485 en Galicia

O Servizo Galego de Saúde reportou cinco mortes na xornada de hoxe de persoas diagnosticadas con coronavirus. Iso sitúa a cifra total de falecementos en 1.485 desde o inicio da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 84 anos no CHUF, un home de 61 anos no mesmo hospital, unha muller de 88 anos no CHUS e un varón de 86 anos no CHUO. Un home de 79 anos falecía na Residencia da Pastoriza, en Lugo.

Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.