CRTVG

Buscar

Difunden as imaxes dos presuntos responsables do roubo de película na Casa da Moeda de México

Publicado o 08/08/2019 12:04

A Secretaría de Seguridade Cidadana de Ciudad de México difundiu as imaxes de tres homes que poderían estar entre os máis buscados do país. Supostamente, son os responsables do roubo de película na Casa da Moeda.

Os investigadores cren que os dous primeiros son os autores materiais do roubo dos centenarios de ouro valorados en 50 millóns de pesos, máis de 2 millóns de euros. O home da gorra sería o seu cómplice, o que desarmou o garda de seguridade.

 

Noticias web

08/08/2019