CRTVG

Buscar

Diferentes recomendacións e esixencias para viaxes con orixe ou destino en España

Publicado o 09/08/2020 15:14

Son moitos os países do espazo Schengen que teñen a día de hoxe recomendacións á hora de viaxar a España ou a determinados territorios dentro do territorio español. De feito, moitos teñen en vigor restricións á hora de controlar a chegada de viaxeiros que procedan do noso país.

Por exemplo, Bélxica non permite viaxar ás zonas de maior incidencia da pandemia no noso país e recomenda tests e corentena ao resto. O Reino Unido, Alemaña ou Austria esixen PCR ou corentena aos pasaxeiros das que consideran zonas de risco.

A día de hoxe, só cinco países, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía e Suecia non desaconsellan as viaxes a España.

Noticias web

09/08/2020