CRTVG

Buscar

Día Mundial das Vítimas de Accidentes de Tráfico

Publicado o 15/11/2020 14:29

Montse e Pedro son un matrimonio de Vigo que perdeu a súa filla hai nove anos nun accidente de tráfico en Portugal. A persoa que conducía o coche ía a máis velocidade da permitida e no sinistro faleceron dúas persoas.

Cada 15 de novembro conmemórase o día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico e en Vigo gardaron un minuto de silencio e fixeron unha ofrenda floral.

A Asociación Stop Accidentes valora positivamente as novas medidas para mellorar a seguridade viaria.

No que vai de ano faleceron 60 persoas nas estradas galegas en accidente de tráfico, 19 menos ca o ano pasado.

 

Noticias web

15/11/2020