CRTVG

Buscar

Día grande na Festa do Xamón da Cañiza

Publicado o 15/08/2019 20:12

Moita competencia no concurso de cortadores co que arrancou este xoves o día grande da festa do xamón da Cañiza.A organización preparou unhas 10.000 racións de xamón. A metade de xamón curado cortado a coitelo. E a outra metade despachouse asado, cocido en viño, en empanada ou tortilla. Tódalas racións custan 5 euros. E como novidade, este ano, o viño que se serviu pertence a tres adegas da Cañiza.


"Si probámolo e está moi bo, para repetir moitos anos". "Xamón, polbo, un pouquiño de todo, e a disfrutar". "Probei o xamón asado, en tortilla e en empanada".

Durante a xornada vimos ademais desfiles de cabezudos, actuacións musicais e un torneo de fútbol.
A festa, de interese turístico galego, fixo este ano a súa edición número 53. E pola cantidade de xente que volveu congregar, estamos seguros de que terá longa vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019