CRTVG

Buscar

Día grande da Festa da Dorna en Ribeira, celebración e humor a partes iguais

Publicado o 24/07/2019 16:10

Día da grande da Festa da Dorna en Ribeira. Celebración e humor a partes iguais. Aínda quedan no mar algunhas das embarcacións feitas a machada e con propulsión a pan de millo. Foron máis de medio cento as que participaron nesta nova edición da regata Cutre Sark. As peñas dorneiras traballaron arreo para construír as embarcacións máis creativas.

En canto volvan todos a terra continúa a troula nesta praia de Coroso coa romería dorneira con xogos, charangas e obradoiros para os máis pequenos. Xa pola noite chega o pasacalles de charangas que rematará no Malecón onde se celebra o Rock and Dorna cos concertos de Boikot e Dakidarría. Xa de madrugada varias charangas acompañarán os dorneiros que continúen a festa polas rúas da vila. Queda moita troula por diante na que aseguran é a festa máis rachada de toda Galicia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019