CRTVG

Buscar

Día de feira en Baiona con menos xente polas restricións no Val Miñor

Publicado o 09/11/2020 14:45

O río Miñor é a liña imaxinaria que marca as limitacións entre estes dous concellos. En Baiona é día de feira, pero os de Nigrán e Gondomar, ambos municipios limítrofes, non poden cruzar esta ponte salvo causa xustificada.

Labor informativo cun operativo de control para notificarlles a estes veciños e veciñas as novas restricións. Están a escasos metros, pero nin en coche, nin a pé, nin en bicicleta, porque a súa é unha área con limitacións.

Limitacións que notan nesta feira de Sabarís nun luns máis descafeinado do habitual e con moita menos xente.

Porque dende hoxe e ata dentro dun mes, Baiona e Nigrán, salvo causa xustificada, albíscanse dende a distancia e cun río, o Miñor, marcando o límite entre estes concellos.

Noticias web

09/11/2020