CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un home de 30 anos que sextuplicaba a taxa de alcol permitida

Publicado o 05/03/2019 19:47

A Policía Nacional detivo en Vigo un home de 30 anos que sextuplicaba a taxa de alcol permitida. A empregada dunha estación de servizo situada en Beiramar alertou os axentes de que un cliente se estaba comportando con agresividade. O condutor entrara na gasolineira en sentido contrario e estaba golpeando os surtidores. Cando chegou a patrulla e lle practicaron un control de alcolemia puideron comprobar que sextuplicaba o límite de alcol permitido. O home quedou arrestado e o caso xa pasou a disposición do xulgado.

Noticias web

05/03/2019