CRTVG

Buscar

Detidos tres mozos acusados de ocupar ilegamente unha vivenda en Vigo

Publicado o 08/09/2020 21:13

A policía de Vigo desaloxa 3 ocupantes ilegais dun edificio da rúa Cervantes. Foron os veciños do inmoble os que alertaron os axentes. Non só avisaron dunha ocupación. Tamén denunciaron roubos en varias vivendas do inmoble. Os policías arrestaron 3 mozos, dous de Vigo e un de Arbo. Todos están acusados, en principio, de roubo. E é que, cando entraron na vivenda ocupada, os policías atoparon os obxectos que o resto dos veciños botaran en falta das súas casas. Os arrestados están en comisaría dende as dúas e media desta tarde pendentes de prestar declaración.
 

Noticias web

08/09/2020