CRTVG

Buscar

Detidos en Madrid 10 membros dunha célula xihadista que financiaba atentados en Siria

Publicado o 18/06/2019 19:14

Dez persoas, unha de nacionalidade siria e o resto españolas, foron detidas nunha operación contra o terrorismo xihadista. Esta célula dedicábase a financiar grupos xihadistas que operan en Siria.

A operación desenvolveuse en Madrid e no municipio de Algete e está coordinada polo Xulgado Central de Instrución Número 6 de Madrid. Houbo rexistros en varios domicilios e negocios rexentados polos detidos, que se dedicaban ao branqueo de capitais e á fraude fiscal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019