CRTVG

Buscar

Detidos dous homes en Vigo por senllas agresións machistas

Publicado o 29/12/2019 20:46
Detidos dous homes en Vigo por senllas agresións machistas

Esta madrugada a policía local de Vigo detivo a dous homes acusados de senllos delitos de violencia machista Ás catro e cuarto unha muller chamou á policía porque a súa parella, de 38 anos, acaba de golpeala na cara repetidas veces preto da rúa Cánovas del Castillo. O home foi arrestado na praza da Constitución.

E uns minutos despois unha testemuña chamou á policía alertando de que un home tirara a unha muller ao chan e que a estaba arrastrando polo cabelo, á altura do número 14 de Alfonso XIII. Foi detido na Praza de España. O presunto agresor ten 19 anos e a vítima 18.

As dúas mulleres vítimas da violencia das súas parellas recibiron atención médica.

Noticias web

29/12/2019