CRTVG

Buscar

Detidos cinco responsables de Magrudis polo andazo de listeriose

Publicado o 24/09/2019 15:08

A xuíza abriu unha investigación tras admitir a trámite a querela de Facua contra os responsables da fabricación e comercialización da carne mechada contaminada.

O informe dun laboratorio descubriu que Magrudis sabía dende febreiro que un lote dos seus produtos dera positivo en listeriose, pero non llelo comunicou ás autoridades. Seis meses despois decretábase a alerta sanitaria.

Funcionarios da UCOMA da Garda Civil rexistraron hoxe a nave da empresa nun polígono industrial de Sevilla, o domicilio do propietario e o que podería ser un almacén clandestino en Dos Hermanas. Con eles estaban cinco responsables de Magrudis, que finalmente foron detidos.

O propietario, José Antonio Marín, o seu fillo Sandro, socio único da empresa, outro fillo e dúas persoas máis, poden ser investigados por delitos contra a saúde pública e lesións.

O andazo de listeriose causou este verán tres mortes e sete abortos, amais de deixar 200 afectados. Neste momento quedan 12 pacientes hospitalizados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019