CRTVG

Buscar

Detidos 99 grafiteiros por pintadas que causaron 22 millóns de euros en danos

Publicado o 11/11/2020 13:21

A policía detivo en varias cidades españolas preto dun cento de grafiteiros por causaren danos superiores aos 20 millóns de euros.

Case a metade dos detidos residían en Cataluña, e os restantes noutras comunidades autónomas. Aos detidos atribúenselles un milleiro de pintadas no metro de Barcelona e en vagóns de Renfe, que asegura que case o 80% dos seus trens en Cataluña circulan con graffitis.

Noticias web

11/11/2020