CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Ponteareas por levar unha pistola falsa no coche

Publicado o 05/02/2020 21:21
Detido un veciño de Ponteareas por levar unha pistola falsa no coche

A Garda Civil detivo un veciño de Ponteareas por levar unha pistola falsa agochada no seu vehículo.
O arresto ocorreu durante un control rutineiro na peaxe de Vilaboa, na autoestrada AP-9. Ao inspeccionaren o turismo, os axentes atoparon a réplica dunha arma curta debaixo da alfombra do asento do condutor, quen resultou ser un veciño de Ponteareas con antecedentes por detención ilegal e atraco a sucursal bancaria. A posesión deste tipo de armas está prohibida na vía pública, segundo informou a Benemérita; por tanto, o presunto infractor enfróntase a unha sanción económica que vai dos 601 aos 30.000 euros.

Noticias web

05/02/2020