CRTVG

Buscar

Detido un veciño da Coruña por captar rapazas menores para gravar pornografía

Publicado o 30/11/2020 08:14

Detido un veciño da Coruña por captar rapazas menores de idade para gravar pornografía. Hai polo menos catro vítimas entre 12 e 14 anos. Todas vascas. A cambio de cartos, ou de roupa de marca, as rapazas facían escenas de sexo en directo a través de Internet.

Hai outros dous homes detidos, en Madrid e Málaga, que facían parte dunha rede. Están acusados de varios delitos contra a liberdade sexual.   

Noticias web

30/11/2020