CRTVG

Buscar

Detido un mozo en Vigo por ameazar, morder e empurrar a súa parella

Publicado o 18/06/2019 20:37

Detido un mozo do barrio do Calvario de Vigo por ameazar cun coitelo, morder e empurrar a súa parella, a pesar de que esta tiña o fillo nos brazos. O cativo, de seis meses, non sufriu danos.

Foi un veciño do parella quen chamou a policía porque escoitou os berros da muller. Cando chegaron ao domicilio, os axentes escoitaron o home insultando a muller. Ela contoulles que o que comezou sendo unha discusión, acabou derivando en agresión cun coitelo. Os policías chamaron unha ambulancia porque a vítima sufriu un ataque de ansiedade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019