CRTVG

Buscar

Detido un mozo en Menorca por matar a nai e ferir o pai

Publicado o 28/06/2020 18:21

En Menorca detiveron un mozo por ser sospeitoso de matar a súa nai e ferir de gravidade a seu pai. Os feitos aconteceron a primeira hora desta mañá no domicilio familiar. Tras discutir cos proxenitores, o mozo, que ten 31 anos e padece esquizofrenia, feriu presuntamente cunha arma branca o pai e matou a nai. Tras a agresión logrou fuxir, pero máis tarde a policía localizouno.

 

Noticias web

28/06/2020