Detido un mozo de 28 anos por abusar dunha muller no Barco de Valdeorras
Publicado o 21/07/2020 17:06

No Barco de Valdeorras detiveron un home de 28 anos acusado de abuso sexual. A vítima, unha muller de 40 anos e veciña da vila, denunciou na Garda Civil o sábado pola noite que o mozo arrestado a abordara e comezara a tocala sen o seu consentimento. A muller conseguiu zafarse do presunto agresor e fuxiu pedindo auxilio.
A Garda Civil identificou o presunto agresor e conseguiu localizalo. Quedou en liberdade en calidade de investigado.