CRTVG

Buscar

Detido un mozo de 23 anos por intentar acoitelar os porteiros de dous locais de copas de Vigo

Publicado o 13/08/2019 10:24

Detido un home de 23 anos de nacionalidade colombiana, que intentou acoitelar os porteiros de dous locais de copas de Vigo.
Ocorreu sobre as 4 da mañá. Un grupo de mozos alertou a Policía Local de que un home portaba un puñal e o estaba a lanzar reiteradamente contra os porteiros ao tempo que gritaba ameazas de morte. Os axentes trasladáronse ao lugar e esixíronlle que o soltara, algo ao que se negou. Ante o perigo que supoñía a súa actitude, os policías víronse na obriga de sacar as súas armas. Foi entón cando o home tirou o puñal e conseguiron reducilo.
 

Noticias web

13/08/2019