CRTVG

Buscar

Detido un home en Madrid por gravar espidas sete mulleres, entre elas a súa muller e a súa filla

Publicado o 18/06/2019 15:26

A Policía Nacional detivo, en Madrid, un home sospeitoso de gravar cunha cámara oculta sete mulleres espidas, entre elas a súa muller e a súa filla. Tamén está acusado de forzar un encontro sexual con outra muller logo de ameazala con difundir imaxes e circunstancias da súa vida persoal.

Con cámara oculta, sen consentimento da súa muller, tamén gravara mentres mantiñan relacións sexuais. Á súa filla graváraa cando se aseaba no baño. A policía tamén atopou imaxes doutras cinco mulleres mentres se cambiaban de roupa no que parece ser un centro de traballo.

O home xa foi posto a disposición xudicial por sete delitos contra a intimidade, un delito de prostitución e corrupción de menores e outro de abuso sexual.

A investigación comezou en Madrid, en febreiro do ano pasado, cando a muller do detido denunciou o seu home porque atopara no ordenador un vídeo en que aparecían os dous mantendo relacións sexuais, que fora gravado sen sen o seu consentimento e con cámara oculta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019