CRTVG

Buscar

Detido un home en Xaén tras confesar que matara á muller cunha barra de ferro

Publicado o 18/08/2019 18:51

Unha muller de 73 foi asasinada en Xaén . O seu marido confesou o crime.
Unha filla atopouna morta esta mañá na casa. O cadáver da vítima estaba sobre a cama, con signos de ter recibido numerosos golpes cunha barra de ferro na cabeza. O home, duns 75 anos, estaba encerrado noutro cuarto da mesma vivenda, onde foi detido pola Policía Nacional tras declarar que matara á muller a noite anterior. Con todo, debido ao estado do corpo os investigadores sospeitan que podería levar días falecida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí