CRTVG

Buscar

Detido un home en Bilbao acusado de bater na muller e despois atrincheirarse co bebé

Publicado o 21/08/2019 13:12

A Ertzaintza detivo un home en Bilbao acusado de agredir a súa parella e atrincheirarse cun bebé. A muller tivo que ser evacuada a un centro médico para atendela. Tras a presunta agresión, o individuo levou o meniño dun mes e encerrouse nun piso ameazando con facerlle dano e despois suicidarse. Unha patrulla da Ertzaintza falou co presunto agresor e finalmente, entraron no inmoble e detiveron o home, sen que o pequeno sufrira dano ningún. O detido continúa en dependencias policiais á espera de declarar no xulgado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019