CRTVG

Buscar

Detido un home de Vigo despois que o fillo chamara a policía e impidira que seguise mallando na nai

Publicado o 09/06/2020 14:34

En Vigo se producía nas útimas horas un novo caso de violencia doméstica. Un mozo logrou deter a agresión do seu pai á súa nai na vivenda familiar na zona da Miñoca.

Nela estaban a muller e o fillo de vinte anos, cando entrou o pai e empezou a bater na muller acusándoa de roubarlle cartos. O mozo interpúxose entre ambos e chamou o 092.

Unha vez no domicilio, a policía comprobou as lesións que presentaba a muller e procedeu ao arresto do seu marido, de 51 anos, ao que atoparon deitado no seu cuarto.

Noticias web

09/06/2020