CRTVG

Buscar

Detido un home acusado de acoitelar outro despois de atopalo espido coa súa parella no salón da casa

Publicado o 08/06/2020 21:32

Os axentes atoparon a vítima, un home de 28 anos, xa na rúa. Estaba espido e presentaba varias feridas polas que sangraba abundantemente. Trataron de auxilialo e cortar as hemorraxias, mentres chegaba a ambulancia.

Cando xa estaban os sanitarios no lugar, escoitaron os berros dunha muller. Ao atopala, ela relatoulles aos policías que estaba no sofá sa súa casa cun mozo, os dous espidos, e que nese momento chegou a súa parella. O home, ao velos, collería un coitelo dun moble e lanzouse contra o varón, que comezou a fuxir.

Os axentes comprobaron que había signos de loita na estancia e manchas de sangue no sofá e no chan, polo que avisaron a Policía Científica.

O presunto agresor foi localizado pouco despois nunha vivenda do barrio de Navia, onde foi detido para despois ser trasladado á comisaría.

A vítima da agresión finalmente foi intervida cirurxicamente no hospital, onde se recupera das feridas.

Noticias web

08/06/2020