CRTVG

Buscar

Detido un ancián en Vigo por estragar 18 coches co bastón

Publicado o 27/03/2019 20:15

Semella que o raiacoches de Vigo xa ten sucesor. Esta madrugada, un octoxenario foi detido logo de causar danos, supostamente, a dezaoito vehículos.

Algunha das vítimas do novo octoxenario "estraga coches" aínda non se decatou de que o seu vehículo quedou sen espello. A noite foi intensa para o suposto autor do ataque a 18 automóbiles estacionados na avenida Atlántida de Vigo. A golpe de bastón, non deixou un sen a súa pegada.

Unha chamada de madrugada alertaba a policía de que un home andaba batendo contra os coches aparcados no barrio de Alcabre. Ás seis da mañá foi detido e trasladado a un centro médico pola súa avanzada idade. O home, que carecía de antecedentes policiais, está á espera de pasar a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019