CRTVG

Buscar

Un detido na Coruña por violencia machista que se pechou na casa armado cun coitelo

Publicado o 05/01/2020 22:01

Na Coruña, a Policía Nacional detivo un home acusado dun delito de violencia machista. Os axentes acudiran ao domicilio tras recibir unha chamada alertando dun suposto intento de suicidio. Foi no terceiro piso deste edificio da céntrica Rúa Real. O home pechárase nun cuarto armado cun coitelo. Ameazaba con agredir a quen intentase entrar, incluídos os seus familiares. A policía conseguiu reducilo e desarmalo. O home autolesionárase e precisou asistencia sanitaria. Segundo fontes policiais, o desencadeante da situación foi unha liorta coa súa parella.

Noticias web

05/01/2020