CRTVG

Buscar

Detido por un calote en Xinzo de Limia ao estafarlle 14.000 euros a unha persoa cos datos da súa tarxeta

Publicado o 27/01/2021 13:57
Detido por un calote en Xinzo de Limia ao estafarlle 14.000 euros a unha persoa cos datos da súa tarxeta

Detido por un calote en Xinzo de Limia. Estafoulle 14.000 euros a unha persoas cos datos da súa tarxeta.

A Garda Civil detivo tamén o xefe dun grupo criminal dedicado ás estafas conseguindo datos de tarxetas de crédito ilegalmente. Acúsano de branqueo de capitais e delito de pertenza a grupo criminal.

Supostamente coordinaba distintas persoas en Murcia, que recibían diñeiro procedente de calotes nas súas contas bancarias, en contas de casas de apostas en liña e de criptomoedas.

Posteriormente ordenáballes sacar os cartos en caixeiros e quedaba el co 80 % do diñeiro e os outros, co 20 % restante.

A operación iniciouse por mor dunha denuncia interposta no cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia, concello onde conseguiron 14.000 euros dunha vítima.

Noticias web

27/01/2021