CRTVG

Buscar

Detido por roubarlles o bolso a varias mulleres de avanzada idade en Ourense

Publicado o 04/06/2020 21:21
Detido por roubarlles o bolso a varias mulleres de avanzada idade en Ourense

Detido un home acusado de intimidar cun coitelo ou un punzón mulleres de avanza idade en Ourense co obxectivo de roubarlles o bolso. En cinco días levou a cabo catro roubos. En todos eles actuaba do mesmo xeito. Aborda as vítimas na rúa, ameazábaas cunha arma branca e dáballes un forte tirón para facerse coas súas pertenzas. Conseguiu máis de dous mil euros en efectivo ademais de tarxetas de crédito. Cunha delas retirou 300 euros dunha conta.

Noticias web

04/06/2020