CRTVG

Buscar

Detido por roubar en dúas cafeterías da provincia de Ourense

Publicado o 13/07/2020 13:55

Detiveron un veciño de Carballo de 38 anos por roubar en dous establecementos hostaleiros da provincia de Ourense. Supostamente entrou de madrugada nun restaurante polbeira do Carballiño rompendo o cristal do escaparate cun mazo. Unha vez dentro desvalixou a máquina comecartos e fuxiu coa recadación. O mesmo modus operandi empregou nun bar de Barbadás. O detido ten un amplo historial delituoso por numerosos roubos con forza en Ourense e na Coruña.

Noticias web

13/07/2020