CRTVG

Buscar

Detido por facer unha festa con 30 persoas en Verín e ameazar cun coitelo os axentes

Publicado o 30/10/2020 13:54

Cando a Garda Civil de Verín chegou a Queizás, tras as chamadas de veciños alertando de ruídos preto das doce da noite, identificaron ata 30 persoas dentro dun baixo, entre eles mesmo menores. Foi entón cando o dono da vivenda colleu un coitelo e apuntou presuntamente os axentes con insultos e berros como "vouvos matar", segundo o relato dos gardas. Uns familiares conseguiron reducilo e metelo na casa onde se atrincheirou. Foi á mañá seguinte cando os gardas o arrestaron.

"Nós agora saimos pouco dende que hai esta enfermidade e non nos enteramos moito, non serían os xitanos, aí abaixo, porque o señor ese movía e daba escándalo pero agora está na cárcere e os fillos non se meten con ninguén".

Unha festa ilegal, en Verín, que está en nivel 3, o máis alto, o vermello, pola alta incidencia da covid. Neste concello teñen prohibido reunirse con persoas non conviventes dende hai xa tres semanas.

"Está moi mal porque se temos prohibido haberá que respectar as normas, digo eu". "Fai dano á súa familia e aos demais porque se esta lei está así hai que cumprila, non hai outra maneira se queremos saír desta".

O detido, de 30 anos, ten 78 antecedentes por diferentes delitos. Pasou a disposición xudicial nos xulgados de Verín, tras permanecer nos calabozos da Garda Civil de Xinzo de Limia, por un delito de ameazas e desobediencia grave. Quedou en liberdade.

Noticias web

30/10/2020