CRTVG

Buscar

Detido por acoitelar un policía nunha terraza de Ourense

Publicado o 09/06/2020 20:45

Acoitelan un policía nacional fóra de servizo nunha terraza de Ourense.

O axente estaba tomando algo este mediodía cuns amigos cando un home que se achegou a el o acoitelou no abdome. A vítima ten feridas leves, está fóra de perigo.

A Policía Nacional detivo axiña o agresor, que fuxira correndo. Ten antecedentes e saíra do cárcere hai pouco. Investigan os feitos.

Noticias web

09/06/2020