CRTVG

Buscar

Detido por acoitelar a muller en Coristanco

Publicado o 13/08/2020 21:41

A Garda Civil detivo un home que supostamente acoitelou a súa muller no peito en Coristanco. O suposto agresor fuxiu do lugar, e os axentes acabaron localizándoo dúas horas despois.

A muller tivo que ser atendida por feridas de arma branca. Non constaban denuncias por violencia machista. 

 

Noticias web

13/08/2020