CRTVG

Buscar

Detido o 'Rambo de Requena' tras ferir un axente

Publicado o 08/06/2020 21:33

A Garda Civil detivo en Andorra o coñecido como Rambo de Requena apenas tres horas despois de disparar contra un axente en Teruel. O detido foi trasladado ao hospital porque está ferido. As forzas de seguridade andaban na súa procura desde hai semanas.

Este luns Pedro Lozano, que así se chama este Rambo de Requena, disparou contra os axentes que lle pediron a documentación. O garda civil está no mesmo hospital que o seu agresor, pero non se teme pola súa vida.

Noticias web

08/06/2020